XORNADAS FORMATIVAS EN CHANTADA ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organizou para este mes unha serie de actividades formativas. Así, o 31 de xullo tivo lugar na sede desta asociación unha xornada, gratuíta e aberta ao público en xeral, sobre a factura electrónica. Os asistentes puideron coñecer a normativa vixente sobre esta ferramenta, como operar con factura electrónica, as aplicacións para traballar e as vantaxes deste sistema.

Por outra banda, do 3 ao 7 de agosto está a desenvolverse en xornada de tarde un curso sobre «Blogs, posicionamento e redacción», impartido por Robaliza Comunicación. Durante este curso, os asistentes aprenderán o sistema de funcionamento de Google e demais buscadores, cómo crear unha estratexia de marca mediante a análise do «efecto Ikea», cómo rentabilizar os contidos dos nosos webs e blogs, e coñecerán o mellor xeito de empregar conxuntamente web, blog e redes sociais. O curso rematará cun pequeno taller de redacción de contidos para internet.

Asimesmo, do 10 ao 14 de agosto Kris Pereira’s afondará sobre «Redes Sociais» nun curso impartido en horario de 20,30 a 21,30 horas. Esta actividade ofrece solucións para definir a nosa estratexia de comunicación, ademais de analizar os diversos tipos de redes sociais para saber cal nos convén máis para o noso negocio. Tamén se terán en conta os contidos e recursos máis axeitados, e se completará cunha sesión prática de todo o aprendido.

O ciclo de actividades culmina o día 17 de agosto cunha charla sobre «Propiedade Intelectual» a cargo de Xosé Manuel Fernández Montes, de 20,30 a 22,30 horas. A charla analizará as características dos dereitos de autor, a lexislación vixente, como protexer estes dereitos e a aplicación prática desta protección legal sobre os contidos on line e as redes sociais.

As persoas interesadas en calquera destes cursos poden obter máis información e inscribirse no teléfono 982 46 20 94, ou no e-mail acia@chantada.com.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

INTENSO PROGRAMA DE ACTOS PARA CELEBRAR AS FESTAS PATRONAIS DE SAN CLODIO

Seguinte Nova

Sober celebrará os 20 anos da Feira da Rosca repartindo 2.000 racións o día 12 de agosto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: