Pantón acollerá en outubro a final do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia

Este circuíto, organizado por Turismo de Galicia, percorreu cinco comunidades autónomas, coa participación de preto de 500 persoas

• O campo de golf do Oca Augas Santas Balneario Golf Resort, en Ferreira de Pantón, será a sede da fase final do V Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia, os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS CLASIFICATORIAS

Este circuíto, que se vén desenvolvendo dende o mes de maio en cinco comunidades autónomas, contou coa participación de preto de 500 persoas, con idades comprendidas a partir de 55 anos en homes, e de 50 anos en mulleres. As probas desenvolvéronse pola modalidade de stableford scratch e handicap individual, e cun límite de hándicap de xogo de 26,4, para homes, e de 36,4 para mulleres.

NAVARRA, MADRID, CANTABRIA, ASTURIAS E PAÍS VASCO, SEDES DAS PROBAS CLASIFICATORIAS

O V Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia arrincou o pasado 12 de maio no campo de golf de Ulzama, en Navarra. As seguintes probas tiveron como escenario diversos puntos da metada norte da Península, como o Real Club de Golf de San Sebastián o 28 de maio, o Retamares Casino Club de Golf de Madrid o 3 de xuño, e o Club de Golf de Pedreña en Cantabria, o 9 de xullo. A última proba clasificatoria disputouse o 16 de xullo no asturiano club de golf La Barganiza.

PANTÓN, REFERENCIA NO TURISMO DEPORTIVO

Según explicaron dende a organización, o Plan Integral de Turismo de Galicia reflicte a necesidade de impulsar a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vencellados ao turismo termal. Ata o ano 2016 estanse impulsando accións cara á promoción, á captación de turistas e ao establecemento de sinerxias con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Horario de verán dos Museos de Quiroga

Seguinte Nova

Variada axenda de actividades para todos os públicos en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: