Variada axenda de actividades para todos os públicos en Pantón

Continúan os Campamentos de Verán para os máis cativos Travesía en kayak polo Miño o día 10 para adolescentes ata 18 anos e acompañantes Preparativos para o Festival do Castro o 22 de agosto

• Pantón ofrece durante o mes de agosto unha interesante axenda de actividades para todos os públicos. Os máis cativos están a disfrutar xa dende xullo da programación dos Campamentos de Verán, unha iniciativa do Concello de Pantón destinada a encher as mañás do verán con actividades creativas e divertidas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Repartidos en dúas quendas por idade, os participantes aproveitan as mañás dos martes e xoves para desenvolver as súas habilidades manuais e creativas con diversas actividades e xogos, nos que tamén se inclúen teatro e saídas pola contorna de Ferreira.

Como novidade este ano, dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil, en colaboración coa empresa de turismo activo Ferventía, organizan unha actividade para rapaces e rapazas de entre 13 e 18 anos, e na que poden participar tamén os seus pais e nais. Trátase dunha travesía en kayak polo Miño, que terá lugar o luns 10 de agosto pola tarde. A saída será dende a Praza do Concello ás 16,30 horas en coches particulares, ata o pantalán de Maiorga-Vilar de Ortelle, de onde sairán as embarcacións con paradas en puntos de interés, cunha duración total aproximada de 3 horas. En todo momento, os participantes estarán acompañados por monitores titulados.

Por outra banda, o Festival do Castro xa ten confirmada a presencia para o día 22 de agosto dos cataláns Muyayo Rif, como grupo invitado desta edición.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acollerá en outubro a final do V Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia

Seguinte Nova

Festas Patronais Monforte 2015: Artistas monfortinos xunto á cantautora Sés, a orquestra Olympus e o festival Rock & Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss