Monforte celebra o domingo 6 de setembro a XVI Xornada Europea da Cultura Xudía

Monforte de Lemos conmemora este domingo, 6 de setembro, unha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía. Con motivo do evento, haberá visitas comentadas á zona de ámbito xudeu da cidade. Os percorridos sairán dende a Oficina Municipal de Turismo, ubicada na rúa Comercio 6, e están previstos tres horarios. A primeira visita será ás 11:30 horas e durante a tarde haberá outras dúas: unha as 17:30 horas e outra comezará ás 19:00. O investigador monfortino Felipe Aira será o encargado de comenta-las visitas.

A Xornada Europea da Cultura Xudía celébrase este ano baixo o lema “Tendendo pontes” e celébrase en 30 países de Europa. A iniciativa serve para afondar no patrimonio histórico e cultural xudío de Monforte. A vila do río Cabe pertence á Asociación “Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad”. A inclusión da cidade significa un recoñecemento ó seu pasado medieval e, especialmente, á súa forte pegada hebrea.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober promociona a vendima con dous concursos de selfies

Seguinte Nova

Setembro, mes da Cultura Ribeirá

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss