A gastronomía e os atractivos de Lugo, de ruta na Volta a España 2015

A presidenta da Deputación, Elena Candia, o presidente de APEHL, Cheché Real, e representantes dos produtores, na estrea do stand promocional instalado nas etapas da Volta a España 2015.  GPDL.
A presidenta da Deputación, Elena Candia, o presidente de APEHL, Cheché Real, e representantes dos produtores, na estrea do stand promocional instalado nas etapas da Volta a España 2015. GPDL.

• A Deputación de Lugo colabora por vez primeira na promoción da gastronomía e o turismo lucenses na Volta Ciclista a España 2015. Este evento deportivo internacional desenvólvese dende o 22 de agosto e ata o 13 de setembro, cun total de 21 etapas nas que estará presente un stand promocional con produtos típicos de Lugo e información sobre o turismo lucense. Esta iniciativa, organizada pola APEHL, conta coa colaboración da Deputación, e tamén do Consello Reguladores da D.O. Ribeira Sacra, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo San Simón da Costa, Queixo do Cebreiro, Lacón Gallego, Ternera Gallega, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Pemento de Mougán, Lacón de Galicia, Mel de Galicia e CRAEGA, e Asoporcel, Avimós, Asovega, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela e galletas Daveiga.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As pallozas do Piornedo recuperan a súa singular fisonomía

Seguinte Nova

Lisardo Gómez, adestrador do Breogán, visitou o IV Campus de Baloncesto Cidade de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss