A Xunta activará en xaneiro axudas para cubrir os impagos da luz das familias con menos recursos

• O presidente da Xunta de Galicia anunciou a comezos deste mes que o Executivo autonómico está a traballar nunha liña de axudas para evitar os cortes de subministración eléctrica por impago ás familias galegas en situación de vulnerabilidade. Según precisou Núñez Feijóo, estas axudas entrarán en vigor en xaneiro de 2016, aínda que cubrirán as facturas correspondentes aos meses de novembro e decembro deste ano.

O procedemento será o seguinte: cando unha familia se identifique como vulnerable e en risco de sufrir un corte do subministro por impago ou atrasos no pago das facturas, activarase un protocolo de emerxencia que suporá a intervención inmediata da Xunta. Despois de comunicarllo á comercializadora, a Xunta procederá a aprobar unha axuda que pagará directamente á empresa o importe pendente, evitando o corte do subministro.

A Xunta asumirá ata un máximo de dúas mensualidades ao ano por familia, e cada factura non poderá superar en máis dun 20% a do mesmo periodo do ano anterior.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG municipal propón que Monforte acolla refuxiados sirios

Seguinte Nova

Os socialistas preguntan de novo á Xunta sobre a EDAR de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: