Abanca e Consello Regulador asinaron un convenio para financiar o pago da uva

A sinatura do convenio tivo lugar na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en Monforte, o 24 de agosto. (Foto cedida).
A sinatura do convenio tivo lugar na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en Monforte, o 24 de agosto. (Foto cedida).

• Abanca e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra asinaron a mediados de agosto un convenio para financiar ás adegas adscritas a este selo o pago da uva aos viticultores. Na sinatura, que se realizou na sede do Consello Regulador en Monforte o 24 do mes pasado, estiveron presentes o director de Banca Agro e Mar de Abanca, Jesús Combarro Pereira, e o presidente da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez González. Según explicaron dende a entidade financieira, con este convenio Abanca segue a extende a súa oferta económica destinada ao sector vitivinícola, logo de firmar semanas antes un acordo similar coas Denominacións de Orixe de Monterrei e Rías Baixas.

FINANCIAMENTO PARA AS ADEGAS

O aspecto máis salientable deste convenio é a póliza de crédito destinada ás adegas para que poidan facer fronte ao pago da uva aos viticultores dun xeito flexible. Este produto financieiro vén responder, según precisaron os responsables de Abanca, ás esixencias impostas pola Lei 12/2013 en materia de cadea alimentaria, e que obriga ás empresas vinícolas a pagar en 30 días importes maiores a 2.500 euros, o que supón un reto financieiro para moitas adegas.

Por outra banda, o convenio abrangue outros produtos financieiros que axuden ás adegas a impulsar as súas exportacións. Dende Abanca destacaron a importancia desta oferta económica, xa que as exportacións vinícolas rexistraron un importante incremento nas últimas campañas, e están a consolidar a imaxe internacional desta Denominación.

APOIO FINANCIEIRO TAMÉN PARA PEQUENOS VITICULTORES

Asimesmo, o convenio asinado entre Abanca e o Consello Regulador ofrece fórmulas de apoio económico para os pequenos propietarios de viñedos. Dende este mes, Abanca pon a disposición destes produtores anticipos de subvencións sen comisións, confirming sobre pagarés de adegas, ou financiamento oficial do ICO ou do IGAPE. Asimesmo, os produtores de uva tamén contarán con asesoramento en materia de seguros, a través de ofertas personalizadas.

«APOIO DECISIVO» DE ABANCA AO SECTOR VITIVINÍCOLA NO INICIO DA CAMPAÑA

Os responsables do banco con sede en Galicia suliñaron o «decisivo apoio» desta entidade ao sector vitivinícola para afrontar o inicio da campaña, e que se materializou na sinatura deste convenio coa Denominación Ribeira Sacra. Dende Abanca destacaron que a oferta deseñada para adegas e viticultores supón «un financiamento flexible e competitivo que responde ás necesidades de crédito» destes empresarios.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo abre a promoción turística ás ideas e suxerencias de veciños e asociacións

Seguinte Nova

Tomé demandou a Tráfico que revise as instalacións das Lamas e que se poidan facer xestións dende Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: