As pallozas do Piornedo recuperan a súa singular fisonomía

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A singular paisaxe das pallozas do Piornedo recuperou o seu aspecto logo da rehabilitación do teito destas edificacións senlleiras. As obras foron custeadas pola Xunta a través de Turismo de Galicia, e pola Deputación de Lugo, cunha dotación orzamentaria total de 260.000 euros.

REHABILITACIÓN DOS TEITOS, E TAMÉN SERVIZOS DE SANEAMENTO E ILUMINACIÓN PARA OS VECIÑOS

Logo da execución destes traballos, a mediados do mes pasado visitaron este enclave turístico e etnográfico do municipio de Cervantes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o vicepresidente primeiro da Deputación, José Antonio García. En virtude do convencio de colaboración asinado entre ambas administracións, os traballos realizados incluíron, ademais da rehabilitación do teito das pallozas, a dotación dos servizos de saneamento e iluminación para a veciñanza do Piornedo.

Para completar estes traballos, foi preciso ampliar este ano o prazo en dúas ocasións, xa que as datas sinaladas inicialmente no convenio resultaron insuficientes.

A PALLOZA, UNHA DAS ICONAS MÁIS REPRESENTATIVAS DA GALICIA INTERIOR

Según destacaron dende Turismo de Galicia, a finalización destas obras nas pallozas do Piornedo supoñen «un novo pulo» para o sector turístico do territorio no que se asentan. Ademais, ao recuperar o seu aspecto orixinario, voltar a figurar como unha das iconas máis representativas da Galicia interior, dada a súa riqueza cultural e patrimonial.

VALOR ECOLÓXICO E RECOÑECEMENTOS OFICIAIS DA ZONA DE OS ANCARES

Xunto a esta singularidade arquitectónica e cultural, hai que sinalar a importancia do seu emplazamento nos Ancares, considerados Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na Rede Natura 2000, en virtude do seu valor xeolóxico e de gran reserva verde de Galicia. Os Ancares conta coa categoría de Reserva da Biosfera, Reserva Nacional de Caza, Zona de Especial Protección para as Aves, e Zona de Especial Protección do Oso Pardo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 10.000 persoas visitaron os Centros de Interpretación do Camiño Norte e Primitivo

Seguinte Nova

A gastronomía e os atractivos de Lugo, de ruta na Volta a España 2015

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: