Balance positivo das actividades ao aire libre do verán de Monforte

• O programa Verán Deportivo promovido polo Concello de Monforte ofertou durante mes e medio unha serie de actividades ao aire libre para todos os públicos, e que rematou cunha boa participación. Según explicaron dende o Concello, as sesións de tai chi, dálle ritmo, aerotono e ioga, foron impartidas por monitores profesionais no Parque dos Condes e no Malecón en horario de mañá e tarde, cunha media de asistencia de entre 25 e 30 persoas por disciplina, nun ambiente moi positivo.

CREAR HÁBITOS SAUDABLES COA PRÁTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA REGULAR

O obxectivo destas actividades ao aire libre que se incluíron no programa Verán Deportivo é concienciar á cidadanía de Monforte da importancia de praticar exercicio físico con regularidade, para levar unha vida máis activa e saudable. Para incentivar a participación, os organizadores aproveitaron o bo tempo do verán e o feito de ser unha actividade ao aire libre, en espazos verdes que contribúen a facer a prática deportiva máis atractiva e saudable. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Achegamento ao deporte e diversión saudable no II Campus de Voleibol «Ribeira Sacra Monforte»

Seguinte Nova

O CB Sarria organizou unhas xornadas de portas abertas que rematan o día 11

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: