• A presidenta da Deputación, Elena Candia, anunciou que xa están en marcha as primeiras actuacións do organismo provincial para mellorar a seguridade vial daqueles tramos do Camiño de Santiago con máis risco de accidentes. Según precisou a mandataria provincial ,os primeiros tramos de actuación do proxecto están na LU-P-2101, de Friol a Parga, na LU-P-2113, da CP 2101 a Miraz, no termo de Friol, e na LU-P-2901, da LU-232 polo Burgo a Vilamaior de Negral a Palas de Rei, con actuacións tanto en Lugo como en Guntín.
Os traballos consisten na instalación de elementos indicativos para advertir ao condutor que se está a achegar a un tramo con presencia de peregrinos, e que poida anticipar as maniobras de seguridade coa suficiente antelación. Ademais, inclúe instalación de sinais de limitación da velocidade de circulación, e a colocación de dispositivos redutores de velocidade naqueles puntos onde os peregrinos crucen a estrada.
Candia explicou que este primeiro proxecto en marcha conta dunha dotación orzamentaria de 31.803,07 euros. A presidenta lucense destacou a «forte aposta da Deputación polo Camiño de Santiago» na nosa provincia.•