Éxito do Club Quixós de Monforte con 10 medallas no Campionato de España de Descenso en Augas Bravas

Os deportistas do Club Quixós de Piragüismo, durante a recepción oficial no Concello de Monforte. O alcalde, José Tomé, entregou a cada un deles unha placa en recoñecemento dos seus logros deportivos no Campionato de España. GPCM.
Os deportistas do Club Quixós de Piragüismo, durante a recepción oficial no Concello de Monforte. O alcalde, José Tomé, entregou a cada un deles unha placa en recoñecemento dos seus logros deportivos no Campionato de España. GPCM.

Nico Díaz, Laura Domínguez e a parella formada por Andrés Saco e Manuel Freire proclamáronse campións de España en cadansúa categoría Ademais, outros sete deportistas do clube monfortino foron subcampións nacionais

• O club Quixós de piragüismo vén de acadar un resultado histórico no Campionato de España. Un total de 10 medallas foi o resultado do clube monfortino na proba de descenso en augas bravas, disputada na localidade leonesa de Sabero, disputada a última fin de semana de agosto.

NICO DÍAZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA INFANTIL

Na categoría infantil, o monfortino Nico Díaz proclamouse campión de España da categoría K-1, e subcampión na modalidade C-1. Na modalidade de xoves promesas, Yasmin Díaz foi subcampiona en K-1, e acadou o bronce na proba C-1.

TRIPLETE DE MEDALLAS PARA ANDRÉS SACO

Na modalidade absoluta, o deportista do Quixós Andrés Saco completou un triplete, ao subir ao podio en tres especialidades. Saco acadou a medalla de prata na modalidade sprint, e tamén na C-1 clásica senior, e xunto con Manuel Freire proclamáronse campións de España na especialidade C-2 sprint.

SANTI DÍAZ: «ESTE RESULTADO DESBORDOUNOS, NON O ESPERÁBAMOS»

Tamén en canoa dobre, David Castro e Cristóbal Ortiz conseguiron a medalla de prata senior na modalidade sprint. Outro dos ouros acadado polo club Quixós correspondeu a Laura Rodríguez, que se proclamou campiona de España xuvenil na especialidade C-1 . Pola súa banda, Lucía Cabo completaba o exitoso palmarés dos piragüístas monfortinos ao conseguir a medalla de bronce en C-1.

Por equipos, o club Quixós quedou subcampión de España en xoves promesas, e nun destacado terceiro posto na competición absoluta. Según explicou Santiago Díaz, técnico do club Quixós, este resultado «é inmellorable». «Non se esperaba, nalgúns casos sí que contábamos con podio, pero o resultado final desbordounos».

Os deportistas do club Quixós foron agasallados cunha recepción oficial no Concello de Monforte, o 3 de setembro. O alcalde, José Tomé, felicitou piragüistas, aos que entregou unha placa conmemorativa co nome de cada un deles. «Grazas a vós se fala da nosa cidade», afirmou Tomé, que destacou o esforzo dos deportistas do club Quixós e do seu corpo técnico, así como o apoio dos pais e nais dos deportistas.

O club Quixós segue adiante coa tempada, na cita co campionato galego o vindeiro día 19 na localidade pontevedresa de Arbo, co obxectivo de subir ao podio da competición autonómica.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Triunfo local no Torneo de Billar Open Bola 8 organizado polo Club Templarios de Monforte

Seguinte Nova

Cultura no Camiño completa a súa andaina en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: