O club Neka prepara o regreso á competición

Imaxe de arquivo dunha sesión de tecnificación desenvolvida no Ximnasio Neka, a cargo de Estefanía Hernández, campiona mundial e bicampiona europea de taekwondo. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo dunha sesión de tecnificación desenvolvida no Ximnasio Neka, a cargo de Estefanía Hernández, campiona mundial e bicampiona europea de taekwondo. Arquivo EC.

Os integrantes do clube monfortino retoman os adestramentos coa mirada posta en revalidar os éxitos da tempada pasada

•Setembro comeza con forza no club Neka, onde os taekwondistas monfortinos están a remotar estes días os adestramentos, de cara á nova tempada. «Estaremos a pleno rendemento xa na semana que vén, cando se incorporen os rapaces que aínda están de vacacións», explica José Mª Vega, adestrador do Neka.

Logo dun merecido descanso estival, tras completar unha exitosa tempada que os levou a proclamarse campións de España na categoría infantil, os de Neka recuperan o curso deportivo con ilusión. «Na modalidade de técnica, trataremos de manternos onde estamos, en selección galega e empurrando para meter a tres rapaces na selección nacional», suliña Vega, quen tratará este ano de dar músculo á modalidade de combate, «na que xa tuvimos xente en selección galega, e queremos que os novos deportistas loiten por estar no máis alto».

A primeira cita do Neka coa competición será o 17 e 18 de outubro, no Open de Ribeira, onde se han de enfrontar a Portugal, que traerá a un equipo dos máis punteiros. O plantel do Neka estará composto por preto dunha vintena de deportistas, que disputarán esta proba internacional en modalidade de combate e técnica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Granxa Maruxa, distinguida co premio «Comercio con Talento» na provincia de Lugo

Seguinte Nova

Arranca la preferente norte, la categoría del sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: