Na tarde noite do venres 21 de agosto, as rúas de Sarria animáronse coa celebración do II Outlet do Comercio Sarrián, organizado polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES. Según os organizadores, foi o éxito da primeira edición desta iniciativa o que os levou a convocar de novo este outlet, coa novidade da suxerente ambientación que ofreceron a vintena de establecementos participantes. Ara Moda, Bicarelo, Bambi, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Lar de Menchu, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver’s Sarria, Santamarta e Senayo ofreceron grandes descontos aos clientes, coa idea de liquidar existencias de anos anteriores e da temporada estival. As tendas estiveron abertas ata as dez da noite, con animación dentro e fóra dos locais comerciais. Este outlet forma parte do intenso calendario de actividades que ACES-Sarria organiza ao longo de todo o ano co obxectivo de facer máis atractivas as compras no comercio local, dinamizando este importante sector e, ao mesmo tempo, ofrecendo unha opción lúdica de ocio e consumo para veciños e visitantes. •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa