O Outono Fotográfico 2015 chegou a Chantada, cunha mostra sobre o Entroido Ribeirao

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante este mes unha mostra integrada no Outono Fotográfico 2015. A exposición colectiva «Entroido Ribeirao» inclúe unha serie de traballos de varios autores, pertencentes á Asociación fotográfica Os Potiños, de O Carballiño. Un relato en imaxes sobre a inolvidable experiencia dun grupo de amigos que, coa cámara na man, se mergullaron no singular entroido de Santiago de Arriba. Cor, sorrisos, sorpresas, acollida e un sinfín de sensacións quedaron rexistradas nas imaxes desta mostra.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Pazo de Tor acolle unha parte da exposición sobre a chegada do tren a Lugo

Seguinte Nova

Charla sobre o Convenio R.A. no Centro Cívico do Malecón o venres 11

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: