• Os catro museos que integran a Rede Museística Provincial de Lugo acollen este mes a mostra «A arte de xuntar II: Colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos: trens e outras pezas». Esta exposición conmemora o 140º aniversario da chegada do tren a Lugo. A colección Quiroga-Monte é unha das máis ricas de España, con máis de 1.500 pezas. Unha parte da exposición pode verse no Museo Pazo de Tor, con entrada gratuíta.•