Os gandeiros continúan a súa loita na defensa do sector lácteo galego

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Logo das mobilizacións que os gandeiros organizaron en varios puntos da provincia, como Chantada e Sarria, ao longo do verán, a capital provincial concentrou o 3 de setembro a maior mobilización do sector lácteo galego. As diversas asociacións convocantes contaron co apoio de alcaldes, partidos políticos, asociacións, axentes sociais e cidadáns nas diferentes tractoradas, que tiveron o seu punto culminante na concentración de Lugo, prolongada durante varios días.

Dende a Federación Rural Galega (FRUGA), esixiron que os gobernos e administracións «tomen nota da gravidade do problema dos prezos do leite». Dende este colectivo, que forma parte da Plataforam convocante das mobilizacións, pediron ao Goberno galego a constitución dunha mesa de negociación «oficial e formal» na que gandeiros, empresas, distribución e Goberno cheguen a acordos «xustos e dignos, si ou si, nun curto prazo de tempo». FRUGA denunciaba este verán, logo dunha reunión en Madrid, que «o Ministerio de Agricultura está a prolongar a agonía do sector lácteo galego, e a Xunta segue desentendéndose».

A segunda semana de setembro estivo protagonizada pola tractorada e a manifestación celebrada en Santiago de Compostela. Representantes dos gandeiros foron recibidos en San Caetano polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, onde o mandatario autonómico afirmou que o seu Goberno «vai facer todo o que sexa legalmente posible». Nos últimos días, os gandeiros están á espera do resultado das mesas de negociación abertas entre industria, distribución, e as diferentes administracións.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CB Sarria organizou unhas xornadas de portas abertas que rematan o día 11

Seguinte Nova

UGT-Lemos alerta da «alta precariedade»da contratación en agosto no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss