Os socialistas preguntan de novo á Xunta sobre a EDAR de Monforte

• Os socialistas abriron o curso político reclamando no Parlamento de Galicia que a Xunta active as infraestruturas pendentes do Porto Seco de Monforte, e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) desta cidade.

CATRO ANOS DENDE O COMPROMISO DA XUNTA COA EDAR

O deputado socialista Vicente Docasar lembrou na súa intervención que a EDAR leva «comprometida e paralizada dende 2012». O deputado monfortino esixiu unha «solución rápida e definitiva» para esta infraestrutura, que se está a demostrar «claramente insuficiente e carece do mantemento axeitado, provocando a vertedura constante de augas residuais ao río Cabe». Docasar denunciou que esta situación é coñecida polo Goberno do Partido Popular «dende hai máis de catro anos, tendo o compromiso expreso do ex conselleiro de Medio Ambiente de investir 7 millóns de euros para redactar o proxecto construtivo e encetar as obras dende o ano 2012». O deputado socialista lamenta que, a pesar de todo isto, esta infraestrutura «nunca estea nos Orzamentos do Goberno galego», e que o Executivo de Feijóo tumbe as sucesivas iniciativas que os socialistas presentaron para sacar adiante este proxecto. Docasar criticou que ademais a Xunta culpe ao Concello de Monforte da situación da rede de saneamento.

RETRASOS ACUMULADOS NAS CONEXIÓNS DO PORTO SECO

No tocante ao Porto Seco, Vicente Docasar solicitou ao Goberno galego que dea conta do estado das obras da estrada Lugo-Monforte, «que acumula xa catro anos de retraso», e tamén da evolución da plataforma loxística e das súas conexións coa N-120 e o corredor Sarria-Lugo. Docasar denunciou que o avance dos traballos «non coincide cos compromisos acadados polo PP na última campaña electoral». O socialista esixiu que remate «a actitude de secreto total da Xunta», porque «xa é hora de presentar resultados».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta activará en xaneiro axudas para cubrir os impagos da luz das familias con menos recursos

Seguinte Nova

Asinados os convenios provinciais con asociacións de axuda a enfermos mentais e de esclerose múltiple

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss