Preto de 10.000 persoas visitaron os Centros de Interpretación do Camiño Norte e Primitivo

• Case 10.000 persoas visitaron no que vai de ano o Centro de Interpretación do Camiño Norte, en Mondoñedo, e o do Camiño Primitivo, situado en Lugo. Estas dúas rutas, que foron declaradas recentemente Patrimonio da Humanidade pola Unesco, rexistraron no mes de xullo un maior número de peregrinos e turistas, cun incremento do 8,68% nas visitas ao Centro de Interpretación de Lugo, e dun 3,59% máis de visitantes no Centro de Interpretación de Mondoñedo. Ambos complexos están situados nun edificio singular do casco histórico, e ofrecen información específica sobre cada un dos itinerarios a Compostela, destacando aspectos como a natureza, a monumentalidade, e a configuración da propia ruta, así como información sobre a historia e a singularidade destas dúas vilas lucenses. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Charla sobre o Convenio R.A. no Centro Cívico do Malecón o venres 11

Seguinte Nova

As pallozas do Piornedo recuperan a súa singular fisonomía

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: