Setembro continúa co programa Ler Conta Moito

A iniciativa de fomento da lectura «Ler Conta Moito», promovida pola Consellería de Cultura, reserva dous eventos para este mes no sur de Lugo. Por unha banda, a Biblioteca Pública Municipal de Monforte acollerá, o vindeiro xoves día 24, a actividade titulada «Maxia Cómica», a partir das seis da tarde. Este espectáculo, que combina ilusionismo e lectura, está a cargo de Leo Leíño, e destinado a nenos e adultos.

Por outra banda, na Biblioteca Pública Municipal de Carballedo terá lugar o evento «Contando en feminino», o sábado día 26, a partir das seis da tarde. A compañía Lisístrata desenvolverá un contacontos dende a perspectiva de xénero e de igualdade. Está aberta a participación a nenos e adultos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O XVI Baile á Luz da Lúa animou unha noite de verán máis en Sober

Seguinte Nova

Un cento de participantes no IX Campus de Fútbol Cidade de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: