Setembro, mes da Cultura Ribeirá

A asociación Lucecús está a desenvolver durante setembro o programa «Mes da Cultura Ribeirá». Os actos iniciáronse o día 5, cun obradoiro de percusión tradicional impartido por Roi Adrio, no Círculo Saviñao. A seguinte actividade está prevista para o sábado 12 de setembro. Ese día, a Escola de Fión acollerá un obradoiro de elaboración de pandeiros, a cargo de Héctor Salgado. O horario do obradoiro é de catro da tarde a nove da noite. A gastronomía tamén terá espazo no Mes da Cultura Ribeirá que organiza a asociación Lucecús. O martes 15, e a partir das cinco da tarde, Dieguito Martínez impartirá un obradoiro de cociña de cabra, nas instalacións de Torre Vilariño, en O Saviñao. A programación lúdico-cultural proposta por Lucecús rematará o sábado 19 de setembro. Ese día, terán lugar varias sesións de cantos de cantina por establecementos de O Saviñao, e unha rota a cabalo polas inmediacións.  As actividades teñen prazas limitadas. Os interesados poden acadar máis información no enderezo electrónico aslucecusribeiras@gmail.com, ou no facebook de Lucecús.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte celebra o domingo 6 de setembro a XVI Xornada Europea da Cultura Xudía

Seguinte Nova

O Pazo de Tor acolle unha parte da exposición sobre a chegada do tren a Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: