Triunfo local no Torneo de Billar Open Bola 8 organizado polo Club Templarios de Monforte

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Monforte acolleu o sábado 29 de agosto o Torneo de Billar Open Bola 8, que organizou o Club Templarios en colaboración co Concello de Monforte.

XORNADA MARATONIANA

Na que foi a novena edición deste evento déronse cita un total de 16 xogadores procedentes de diversos puntos da provincia de Lugo, que amosaron a súa habilidade nunha xornada maratoniana que se prolongou dende as doce do mediodía ata ben entrada a madrugada.

PREDOMINIO DO CLUBE LOCAL

A victoria do Torneo Open Bola 8 quedou na casa, ao proclamarse campión o xogador monfortino do Club Templarios Raúl Esmorís. A formación monfortina ampliou a súa presencia no podio, xa que a segunda posición foi para o sarrián Marco Antonio, que tamén forma parte do Club Templarios. A calidade do xogo dos locais quedou de manifesto ao superar ao actual campión galego, o lucense Iván Rey, que completou a clasificación co terceiro posto.

EXPECTATIVAS CARA A TEMPADA

Con este bo resultado, o Club Billar Templarios inicia unha tempada 2015-2016 con interesantes expectativas. A formación monfortina enfronta a competición con obxectivos ambiciosos, xa que opta a conseguir premios importantes en todas as categorías.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O deputado popular Ángel Camino leva ao Parlamento a declaración de Ben de Interese Cultural para a igrexa da Cruz do Incio

Seguinte Nova

Éxito do Club Quixós de Monforte con 10 medallas no Campionato de España de Descenso en Augas Bravas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: