UGT-Lemos alerta da «alta precariedade»da contratación en agosto no sur de Lugo

Denunciaron que houbo casos de traballadores «que sumaron 3 contratos de media xornada nunha mesma semana»

• O sindicato UGT-Lemos valorou negativamente o aumento do paro que se rexistrou na comarca de Lemos no mes de agosto, cun repunte do 1% respeto ao mes de xullo, o que sitúa o número de desempregados en 3.164.

SITUACIÓN DE «EXPLOTACIÓN LABORAL»

Según o secretario desta formación sindical, Mario Docasar, a preocupación aumenta dado o tipo de contratación rexistrada, cunha alta precariedade que ascende ao 96% dos novos contratos. «Houbo moitos casos de traballadores aos que lles fixeron 3 contratos á semana, co agravante de que son contratos a media xornada, e que implicaban desprazamentos a Sarria, Chantada ou Quiroga». Dende UGT-Lemos consideran esta situación como «unha explotación laboral, xa que a pesar de ter un emprego, estes traballadores son pobres, xa que son salarios que non chegan a fin de mes».

Por concellos, destaca o incremento do paro rexistrado en agosto nos concellos de Chantada e Taboada, ambos cun 4% máis de desempregados que en xullo, cunha cifra final de 204 parados en Chantada e 137 en Taboada. Pola súa parte, Bóveda rematou agosto cun 3% máis de paro, con 74 desempregados.Monforte contabilizou unha suba do 2% respecto a xullo, cun total de 1.380 parados. No Incio, a suba foi do 1%, completando agosto con 74 parados. No resto dos concellos o desemprego baixou, cun destacado descenso do 9% en A Pobra do Brollón,, seguido de Ribas de Sil, cun 6% menos de paro, Pantón e Carballedo, cun 3% menos de desempregados, e Folgoso cun 2% de descenso. Agosto completouse cunha baixada do paro do 1% en Quiroga, O Saviñao e Sober.

Pola súa banda, na comarca de Sarria tamén se rexistrou unha baixada do desemprego en agosto, cun 2,4% menos de paro que en xullo, acumulando un total de 1.374 persoas sen traballo. En canto ao municipio de Sarria, acabou agosto con 958 parados, un 3,13% menos que en xullo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os gandeiros continúan a súa loita na defensa do sector lácteo galego

Seguinte Nova

O BNG municipal propón que Monforte acolla refuxiados sirios

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss