UGT-Lemos reclama que a Xunta «non discrimine» á casa sindical de Monforte

UGT-Lemos leva tempo reclamando a eliminación de barreiras de acceso na casa sindical. Arquivo EC.
UGT-Lemos leva tempo reclamando a eliminación de barreiras de acceso na casa sindical. Arquivo EC.

Dende o sindicato argumentan que este edificio é máis visitado que a delegación de Facenda, na que se acaba de instalar un elevador

• O secretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, amosou a súa queixa pola demora da Xunta en acometer a eliminación das barreiras arquitectónicas na casa sindical, cando xa está instalado un elevador na delegación de Facenda. Docasar lembrou que o Parlamento galego xa aprobara sendas iniciativas para proceder ás obras en ambos edificios. O secretario xeral de UGT-Lemos cargou contra a deputada popular Julia Rodríguez, lembrándolle que os dous edificios son propiedade do Ministerio de Traballo e Emprego, e que a casa sindical ten preto de 50.000 visitas ao ano, xa que atende a persoas «de todas as cores políticas, e tamén a non afiliados, e a moita xente con discapacidade ou minusvalías». Docasar pedirá a Rodríguez «explicacións desta marxinación da Xunta do PP aos cidadáns de Monforte».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Goberno local aprobou en Láncara un plan de 120.000 euros para melloras nas parroquias

Seguinte Nova

Sanidade e Cruz Vermella promoverán o envellecemento activo e os hábitos saudables

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss