A Asociación Veciñal do Saviñao pide á Deputación que aclare se vai construír a proxectada Residencia de Maiores de Escairón

Este colectivo considera que a falta dunha residencia de maiores «é a carencia máis grave que padece a día de hoxe o municipio de O Saviñao»

• A finais do mes pasado, os responsables da Asociación Veciñal de O Saviñao enviaron un escrito á Deputación de Lugo solicitando información sobre a proxectada Residencia de Maiores de Escairón.

PROXECTO SÓ PENDENTE DE EXECUCIÓN

Na súa comunicación, este colectivo veciñal lembraba que o Pleno provincial aprobara en febreiro de 2011 a construcción deste complexo a través do hoxe extincto SUPLUSA. Asimesmo, o ente provincial procedera á compra do solar correspondiente en maio dese mesmo ano, por un importe de 230.000 euros, anticipándolle ao Concello de O Saviñao a inversión que este debería aboar entre catro e seis anos. A Asociación Veciñal tamén fai referencia no seu escrito á existencia dun convenio asinado entre ámbalas dúas administracións para dar inicio ás obras.

PIDEN ACLARACIÓNS AO NOVO GOBERNO SOBRE A CONSTRUCIÓN DAS RESIDENCIAS PROXECTADAS

O escrito da Asociación Veciñal de O Saviñao pide áárea da Deputación responsable de executar esta inversión «aclaracións acerca das intencións de aplicar o acordo plenario e continuar co proceso de construción das residencias aprobadas», sobre todo tendo en conta que «a data de hoxe non se iniciou o procedemento, e se produciron cambios nos órganos de goberno da Deputación».

O SAVIÑAO, ÚNICO CONCELLO DA COMARCA SEN ESTE SERVIZO

Dende a Asociación Veciñal de O Saviñao lembran a importancia que esta residencia ten para «o único concello da Comarca de Lemos que non conta con ningún servizo público de atención aos maiores, e que con un censo de 4.110 veciños ten máis que xustificada a súa existencia». Este colectivo veciñal denuncia que, mentres non se leve adiante este proxecto, «os nosos maiores deben andar buscando polos concellos próximos, e polos non tan próximos, un oco onde poder pasar o resto da súa vida». Lamentan que esta solución conleve para os maiores de O Saviñao «un desarraigo do lugar onde naceron e viviron», ademais de supoñer un «illamento polas dificultades de adaptación aos novos espazos e a xentes descoñecidas», algo que «non deberían sufrir a estas alturas da súa vida».•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A fotógrafa Rita Blanco expón en Monforte a súa visión do Entroido ourensán

Seguinte Nova

Preto de 90 casas rurais de toda Galicia súmanse ao Outono Gastronómico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss