A Deputación reparte 5.000 folletos informativos sobre os Camiños Primitivo e do Norte

Distribuiranse polas etapas da Volta Ciclista a España en Asturias e Cantabria, e tamén a albergues oficiais da provincia e centros de interpretación do Camiño

• A Deputación de Lugo vén de iniciar a distribución de 5.000 publicacións informativas sobre os Camiños Norte e Primitivo a Santiago, co obxectivo de dar a coñecer o valor patrimonial, cultural e natural destas dúas rutas, aproveitando a súa recente catalogación como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN DESTAS GUÍAS

Según explicaron os responsables provinciais, estas publicacións estanse a distribuir polas diversas etapas da Volta Ciclista a España ao seu paso por Asturias e Cantabria. Ademais, haberá exemplares destas guías nos albergues oficiais situados nos tramos lucenses de ambas rutas xacobeas. Por último, os folletos explicativos tamén estarán dispoñibles nos Centros de Interpretación do Camiño.

PROMOCIÓN TURÍSTICA PARA OS MUNICIPIOS LUCENSES SITUADOS NESTAS RUTAS

Os responsables desta iniciativa suliñaron que a publicación pode servir de referencia para peregrinos e visitantes, de xeito que poidan coñecer os atractivos turísticos e culturais de cada un dos municipios lucenses polos que atravesa o Camiño Norte e o Camiño Primitivo.

«COMPROMISO DA DEPUTACIÓN CO CAMIÑO»

Dende a Deputación lembraron que esta iniciativa amosa o compromiso do Goberno provincial co Camiño de Santiago, materializado en diversas actuacións que poñen en valor esta riqueza cultural, aproveitando a distinción destas dúas rutas a nivel internacional dende a UNESCO.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP denuncia o estado do Punto Limpo de San Xiao

Seguinte Nova

Ata o 25 de setembro para optar á explotación do ambigú do Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: