A fotógrafa Rita Blanco expón en Monforte a súa visión do Entroido ourensán

• Ata o 15 deste mes pode verse na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte a mostra «Xunguir non é esmorecer, senón medrar», firmada pola fotógrafa ourensá Rita Blanco. A exposición conta con preto de trinta imaxes centradas en dúas das caracterizacións máis afamadas do Entroido ourensán, os Felos de Maceda e as Pantallas de Xinzo de Limia. Según explica Rita Blanco na información complementaria á mostra, a idea de elaborar estas imaxes xurdiu nun encontrol etnográfico internacional que se celebrou durante a pasada edición da Festa da Primavera en Murcia. Alí se deron cita representacións de diversos Entroidos do mundo, como o de Brasil ou Rusia. Os Felos e as Pantallas sorprenderon moito aos asistentes a este evento cultural, «e fomos un dos grupos que máis gustou ao público», suliña Blanco. Logo desta experiencia, a fotógrafa recollou no título da mostra o valor de unir forzas para dar a coñecer o Entroido ourensán, deixando a un lado a tradicional rivalidade entre figuras. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 25 de setembro para optar á explotación do ambigú do Círculo Saviñao

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao pide á Deputación que aclare se vai construír a proxectada Residencia de Maiores de Escairón

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio