•Tomé: «O Parador e o conxunto de San Vicente son un dos mellores escaparates para os visitantes que veñen a Monforte»
• O Concello de Monforte iniciou este mes as obras de mellora do pavimento dos accesos ao monte de San Vicente. As zonas que máis arranxos precisan son o Campo da Virxe e a praza Luís de Góngora, onde o pavimento de pedra perpiaño presentaba roturas e imperfeccións, producidas pola meteoroloxía e o tráfico rodado. En xeral, procederase á substitución de adoquíns e á recolocación de pezas na calzada.
Os traballos contan cun investimento de 13.462,44 euros. As obras desenvolveranse en tres fases, para minimizar as molestias a visitantes e cidadáns.•