Arranxos nos accesos a San Vicente

Tomé: «O Parador e o conxunto de San Vicente son un dos mellores escaparates para os visitantes que veñen a Monforte»

Tomé e Losada supervisando as obras no acceso a San Vicente. GPCM.
Tomé e Losada supervisando as obras no acceso a San Vicente. GPCM.

• O Concello de Monforte iniciou este mes as obras de mellora do pavimento dos accesos ao monte de San Vicente. As zonas que máis arranxos precisan son o Campo da Virxe e a praza Luís de Góngora, onde o pavimento de pedra perpiaño presentaba roturas e imperfeccións, producidas pola meteoroloxía e o tráfico rodado. En xeral, procederase á substitución de adoquíns e á recolocación de pezas na calzada.

Os traballos contan cun investimento de 13.462,44 euros. As obras desenvolveranse en tres fases, para minimizar as molestias a visitantes e cidadáns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Vendima madrugadora na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O Viñobús achega a experiencia da vendima

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: