Ata o 25 de setembro para optar á explotación do ambigú do Círculo Saviñao

A concesión do bar do Círculo Saviñao está en fase de concurso, e as solicitudes para a súa explotación poden presentarse ata o 25 de setembro. (Foto cedida).
A concesión do bar do Círculo Saviñao está en fase de concurso, e as solicitudes para a súa explotación poden presentarse ata o 25 de setembro. (Foto cedida).

• A Xunta Directiva do Círculo Saviñao anunciou que o contrato do bar desta asociación cultural-recreativa foi rescindido, e vén de proceder á apertura dun concurso público para a súa concesión. Según informou a Directiva do Círculo, os interesados en asumir a explotación deste ambigú poden presentar as súas solicitudes ata o 25 de setembro. Con este fin, a Directiva está a disposición dos interesados para ofrecer toda a información sobre as condicións deste contrato de arrendamento, e para aclarar todas as dúbidas que poidan xurdir.

CONTRATO DE DOUS ANOS PRORROGABLES

Según establecen as cláusulas recollidas nas bases do concurso aprobadas pola Xunta Directiva, a duración do contrato será de dous anos, prorrogables por periodos anuais se calquera das partes non procede á súa anulación de xeito voluntario, previo aviso de tres meses antes do vencemento. De non existir esta denuncia voluntaria por algunha das partes, o contrato prorrogarase de xeito tácito por periodos anuais dende a data de sinatura da concesión.

DEREITOS E OBRIGAS DO ARRENDATARIO

Os beneficios, gastos e ingresos da explotación do servizo de ambigú do Círculo Saviñao corresponderán ao arrendatario na súa totalidade, quen estará obrigado a manter a limpeza das instalacións da sociedade, incluíndo locais, terrazas e almacéns, así como a colaborar no desenvolvemento das actividades da asociación.

Cabe sinalar que a última concesión do ambigú do Círculo estivo a cargo dun mesmo arrendatario durante 17 anos.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación reparte 5.000 folletos informativos sobre os Camiños Primitivo e do Norte

Seguinte Nova

A fotógrafa Rita Blanco expón en Monforte a súa visión do Entroido ourensán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: