Máis de 1,3 millóns de euros da Xunta para o Campus Terra da Universidade de Santiago en Lugo

• A Xunta de Galicia vai destinar máis de 1,3 millóns de euros para iniciar a especialización do campus lucense da Universidade de Santiago de Compostela. Según adiantou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a comezos deste mes, o Executivo autonómico xa deu o visto bo á sinatura dun convenio coa Universidade, e sentar as bases do Campus Terra. En primeiro lugar, crearase unha unidade técnica para que o campus interaccione cos sectores agrario, forestal e alimentario. Asimesmo, porase en marcha un portal web para dar visibilidade internacional ao Campus Terra e ás súas actividades. Outra das medidas será a creación do centro e-Terra para ofrecer formación non presencial que permita a captación de novos estudantes, ao tempo que se mellorarán as plataformas tecnolóxicas co fin de reforzar a investigación.

Núñez Feijóo explicou que estas medidas van orientadas a optimizar o sistema universitario, reducindo duplicidades e especializar cada un dos campos do sistema universitario público de Galicia. «Trátase de dar o paso definitivo para lograr que Lugo sexa o centro de referencia científica do eido agrario e gandeiro», suliñou o presidente.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

100 anos de historia comercial en Chantada

Seguinte Nova

O PP denuncia o estado do Punto Limpo de San Xiao

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss