Preto de 90 casas rurais de toda Galicia súmanse ao Outono Gastronómico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo presidente de Agatur, Manuel Luciano Sánchez, e o presidente de Fegatur, Cesáreo González durante a presentación da novena edición do Outono Gastronómico.  GPXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo presidente de Agatur, Manuel Luciano Sánchez, e o presidente de Fegatur, Cesáreo González durante a presentación da novena edición do Outono Gastronómico. GPXG.

Na provincia de Lugo participarán 22 establecementos, que combinarán gastronomía e estadías de turismo rural do 11 de setembro ao 13 de decembro

• O vindeiro 11 de setembro comezará a nova edición do Outono Gastronómico, unha iniciativa posta en marcha por Turismo de Galicia co fin de dinamizar o turismo rural durante os meses de outono. Esta fórmula, que combina gastronomía con estadías en casas rurais, acada a súa novena edición, e se desenvolverá en 89 establecementos de toda Galicia ata o 13 de decembro. Por provincias, este programa inclúe 22 casas de turismo rural en Lugo, e outras tantas en Ourense. Pontevedra contará con 24 establecementos participantes, e A Coruña sumará outros 27.

ESTADÍAS RURAIS CON DOUS MENÚS DE TEMPADA A ESCOLLER

Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante o Outono Gastronómico, os establecementos rurais convidan a gozar da gastronomía galega presentando cada un deles dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada e exclusivamente concibidos para a ocasión. o programa inclúe varias opcións. Así, o «Menú Outono Gastronómico» consta de e ntrantes, primeiros e segundos prato, sobremesas, cafés ou infusións, viños con Denominación de Orixe galega e outras bebidas, a 30 euros por persoa. Por outra banda, o «Paquete Outono Gastronómico» permite degustar o menú Outono Gastronómico e pernoitar na casa rural elixida, na noite de venres ou sábado a escoller, co almorzo do día seguinte, por 120 euros para 2 persoas en cuarto dobre, ou 80 euros para unha persoa en cuarto individual. Tamén se ofrece o «Fin de Semana de Outono Gastronómico», que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento na noite de venres e sábado, por 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre, e 140 euros para unha persoa en cuarto individual.

Asimesmo, a oferta «Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico» inclúe ofertas para menores ata 14 anos. Así, para parellas cun neno, o paquete de menús e aloxamento será de 260 euros, e para parellas con 2 rapaces o prezo será de 300 euros.

Como novidade, agasallarase cunha botelliña de crema de licor ou cun doce «Capricho de Santiago» a todos os clientes da campaña.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao pide á Deputación que aclare se vai construír a proxectada Residencia de Maiores de Escairón

Seguinte Nova

A ocupación deste mes de agosto medrou un 6,79% na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio