Vendima madrugadora na Ribeira Sacra

A vendima arrincou cedo este ano na Ribeira Sacra. Arquivo EC
A vendima arrincou cedo este ano na Ribeira Sacra. Arquivo EC

A colleita comezou o 29 de agosto nunha adega de Amandi

• A vendima comezou cedo este ano na Ribeira Sacra. A finais de agosto, o Consello Regulador da Denominación de Orixe daba o seu permiso para que a adega Mª Otilia Arias García, da subzona de Amandi, procedera á colleita das uvas dende o día 29. Os técnicos do Consello Regulador valoraron as características e a ubicación dos viñedos desta adega de Sober, e verificaron que a uva cumplía os parámetros oficiais para vendimala. Estes controis de maduración iniciáronse en diversas parcelas representativas do ámbito da Denominación de Orixe o pasado 24 de agosto.

Nos últimos días do mes pasado, iniciaron a vendima Adegas Moure, de O Saviñao, e Algueira, na subzona de Amandi. A primeiros de setembro comezaron a colleita Val de Quiroga, na subzona de Quiroga-Bibei, e a adega Régoa, de Amandi. O primeiro fin de semana de vendima completouse con 842 quilos de mencía recollidos en Amandi, e 760 quilos de merenzao procedentes de Quiroga-Bibei.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rematou un verán de festas no sur de Lugo

Seguinte Nova

Arranxos nos accesos a San Vicente

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss