• O venres 25 de setembro ás 20,15 horas, o dúo Familia Moryatov ofrecerá un concerto na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Este concerto supón o arranque da 65ª tempada musical que organiza a Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos, e que sirve tamén como homenaxe a quen fora o seu presidente durante moitos anos, Alejandro Moro Aguiar, recentemente falecido.
O concerto estará a cargo do dúo integrado por Valery Moryatov ao violoncelo, e Irina Moryatova ao piano. A familia Moryatov interpretará un repertorio formado por pezas representativas da música clásica, como a aria de la Suite en re de Bach, Adagio de Albinoni, Ave Maria de Schubert, Sonata op.27 número 2 de Beethoven, a meditación de Thais de Massenet, e a Elegie de Faure, xunto a composicións contemporáneas, como Vocalise de Rachmaninov, Oblivion de Astor Piazzola, My Way de Claude François, e The Show Must Go On, de Freddy Mercury. Tamén están presentes as músicas tradicionais dos pobos, como a Negra Sombra de Juan Montes, e o Cant dels Ocells, pertencente ao cancioneiro popular catalán•.