A nova edición do Master en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, que organiza a Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo oferta por vez primeira práticas laborais en empresas e organismos relacionados coa xestión territorial. Según explicaron os responsables na presentación do Master, esta é unha iniciativa pioneira a nivel nacional, pois de todas as universidades españolas tan só o Campus lucense ofrece esta disciplina dende unha perspectiva multisectorial.
Ademais da inserción laboral, outro dos obxectivos do Master Terra é a innovación. Por iso, o mellor alumno será premiado cun contrato laboral no propio grupo de investigación, durante seis meses, nos que estará tutelado polo Laboratorio da Terra, dependente da Escola Politécnica. (Foto cedida).•