A Ribeira Sacra sabe vender o reclamo da vendima

O Viñobús especial Vendima completa esta fin de semana unha exitosa segunda edición O Consorcio de Turismo, «moi satisfeito» co resultado desta iniciativa

Imaxe de arquivo da primeira edición do Viñobús Vendima.(Foto cedida).
Imaxe de arquivo da primeira edición do Viñobús Vendima.(Foto cedida).

• A última fin de semana desenvolverase a derradeira quenda deste ano do Viñobús especial Vendima, unha iniciativa posta en marcha en 2014 polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e que vai cumplir esta segunda edición cun notable éxito de participación.

Según explican dende o Consorcio, a edición de 2015 está a ser «todo un reclamo» para os visitantes, interesados en vivir en directo o proceso da vendima. Xa a mediados de setembro estaban cubertas as prazas dispoñibles para a última fin de semana do mes, e nalgunha sesión houbo que habilitar dous microbuses para trasladar aos visitantes ás adegas.

Dende o Consorcio explican que esta actividade, polas súas especiais características, require un exhaustivo control e organización, xa que o trato aos visitantes é moi individualizado, e está pensada para grupos reducidos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria celebra de novo o día da bicicleta co lema «¡Todos en bici!»

Seguinte Nova

Completadas diversas obras de urbanización en núcleos de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss