A Xunta colaborará cos ciclistas galegos para erradicar as trampas nos montes

Representantes dos departamentos de Deportes e Medio Rural da Xunta, e da Policía Autonómica, reuníronse cos voceiros dos ciclistas galegos para loitar contra as trampas nos montes. GPXG.
Representantes dos departamentos de Deportes e Medio Rural da Xunta, e da Policía Autonómica, reuníronse cos voceiros dos ciclistas galegos para loitar contra as trampas nos montes. GPXG.

• A Xunta comprometeuse a colaborar cos ciclistas galegos na eliminación das trampas nos montes que poñen en risco a integridade destes deportistas. Así se acordou na reunión mantida o día 20 deste mes entre o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Asociación de Ciclistas Galegos, Juan Torrado. A xuntanza tamén contou coa presencia do secretario xeral de Deportes, Juan José Lete Lasa; o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto; e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco Fernández.

GARANTIR A SEGURIDADE DOS CICLISTAS NO MONTE

No encontro, Rueda comprometeuse a que a Policía Autonómica investigará as denuncias, e ademais aproveitará as patrullas que están polos montes galegos para garantir a seguridade dos ciclistas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A liga de fútbol 7 de Monforte comezará o 19 de outubro

Seguinte Nova

Sarria celebra de novo o día da bicicleta co lema «¡Todos en bici!»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss