Aberto ata o 30 de setembro o prazo de matrícula na Escola de Música de Sober

Este ano haberá clases de baile galego, que serán de balde para os nenos e nenas de 3 a 6 nos matriculados en Música e Movemento

A actividade musical é un dos eixos da dinamización social e cultural en Sober, cunha das Bandas Municipais máis consolidadas da provincia.  (Foto cedida).
A actividade musical é un dos eixos da dinamización social e cultural en Sober, cunha das Bandas Municipais máis consolidadas da provincia. (Foto cedida).

• A Escola Municipal de Música de Sober mantén aberto ata o mércores 30 de setembro o prazo de matrícula nas diversas especialidades. Como novidade, a Escola oferta este curso clases de baile galego, que se incluirá de balde na programación do alumnado de 3 a 6 anos de Música e Movemento.

En instrumento, a Escola de Sober impartirá clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. A partir dos tres anos tamén se imparte Música e Movemento, e a Escola ofrece asimesmo música para adultos, e a posibilidade de incorporarse ao coro. Formaranse grupos instrumentais co alumnado da Escola, que tamén poderán tomar parte da banda xuvenil.

O curso da Escola Municipal de Música de Sober comezará en outubro. A presentación oficial e recollida dos horarios terá lugar o 3 de outubro ás 12 do mediodía no Centro Sociocultural.

DESTINO Á BANDA DE SOBER

A música forma parte importante da tradición social e cultural do municipio de Sober, impulsada en torno á Banda e á Escola de Música. Según explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o obxectivo da Escola Municipal de Música é formar ao alumnado para a súa posterior incorporación á Banda de Sober, «a principal entidade musical da comarca».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completadas diversas obras de urbanización en núcleos de Sober

Seguinte Nova

La Vuelta 2016 sairá dende Ourense

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: