• O Concello ampliou o horario desta actividade, pola boa acollida da pasada edición
• A comezos deste mes, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga puxo en marcha unha nova edición do taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e da memoria, destinado a persoas maiores que sufren deterioro cognitivo.
Dada a boa acollida que tivo o curso pasado, dende o Concello veñen de ampliar o horario deste taller. Dende este mes, a actividade desenvolverase no Centro Social de Quiroga os luns, mércores e venres, de once da mañá ata a unha da tarde.
Según explicaron os responsables desta iniciativa, o taller ten como obxectivo a prevención e mellora de enfermidades como o Alzheimer e outros procesos de alteración cognitiva e psicomotriz. As sesións están a cargo de persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte (AFAMON).
Dende o Concello informaron de que segue aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar no programa.•