Comeza en Quiroga unha nova edición do taller de estimulación cognitiva para maiores

O Concello ampliou o horario desta actividade, pola boa acollida da pasada edición

• A comezos deste mes, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga puxo en marcha unha nova edición do taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e da memoria, destinado a persoas maiores que sufren deterioro cognitivo.

Dada a boa acollida que tivo o curso pasado, dende o Concello veñen de ampliar o horario deste taller. Dende este mes, a actividade desenvolverase no Centro Social de Quiroga os luns, mércores e venres, de once da mañá ata a unha da tarde.

Según explicaron os responsables desta iniciativa, o taller ten como obxectivo a prevención e mellora de enfermidades como o Alzheimer e outros procesos de alteración cognitiva e psicomotriz. As sesións están a cargo de persoal da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte (AFAMON).

Dende o Concello informaron de que segue aberto o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en participar no programa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte no concurso Recantos da TVG, da man de Lorena Guerra

Seguinte Nova

Quiroga acollerá un curso de prevención de riscos laborais no eido forestal

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: