Completadas diversas obras de urbanización en núcleos de Sober

Imaxe das obras rematadas en Canabal.  (Foto cedida).
Imaxe das obras rematadas en Canabal. (Foto cedida).

• A comezos deste mes quedaron rematadas as obras que o Goberno local emprendeu en varios núcleos do municipio de Sober. En concreto, os traballos consistiron na mellora e urbanización da rúa da Estación en Canabal e da Praza de Doade.

O PLAN ARI ABRANGUE TODO O MUNICIPIO DE SOBER

Según precisaron dende o Concello, as obras financiáronse con cargo á primeira fase do programa ARI (Área de Rehabilitación Integral), que no caso de Sober abrangue a totalidade do término municipal. Os traballos en Canabal e Doade contaron cun investimento de preto de 50.000 euros, financiados no 60% polo Concello e o resto polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento.

MÁIS OBRAS EN OUTROS NÚCLEOS DO MUNICIPIO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anunciou máis obras en varias parroquias, con cargo a este mesmo programa. Os traballos previstos desenvólvense na Praza do Campo de Pinol, en Naz, en Mer, en Rosende e na Pena de Proendos. Estas novas actuacións terán un custe de 70.000 euros, cofinanciados tamén polo Concello, Xunta e Fomento.

FERNÁNDEZ GUITIÁN: «MELLORAR A NOSA LOCALIDADE PARA FACELA MÁIS HABITABLE»

En relación a estas obras, Fernández Guitián agradeceu a colaboración e o entendemento dos veciños polas molestias derivadas destes traballos. «Con estes traballos, melloramos a nosa localidade e a facemos máis habitable», puntualizou o alcalde.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra sabe vender o reclamo da vendima

Seguinte Nova

Aberto ata o 30 de setembro o prazo de matrícula na Escola de Música de Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss