Georgina Rodríguez Martínez e a emoción do rostro en “Escala de colores”

A xove artista monfortina expón os seus debuxos na Casa da Xuventude de Chantada ata o 7 de outubro

A monfortina Georgina Rodríguez Martínez xunto a algunhas das súas creacións expostas na Casa da Xuventude de Chantada ata o 7 de outubro. (Foto: MONTERO).
A monfortina Georgina Rodríguez Martínez xunto a algunhas das súas creacións expostas na Casa da Xuventude de Chantada ata o 7 de outubro. (Foto: MONTERO).

• Ata o 7 de outubro, a Casa da Xuventude de Chantada acolle a exposición titulada «Escala de colores», unha colección firmada pola xove artista monfortina Georgina Rodríguez Martínez. A mostra está composta por un total de 20 debuxos a man alzada, realizados con lapis, bolígrafo e lapis de cores.

INSPIRACIÓN MANGA

A inspiración de Georgina Rodríguez Martínez para estas creacións remite a personaxes do mundo Disney e do manga, creando unha atmósferta de sensibilidade e suxerencia que ten como protagonista ao rostro. Un elemento que, a pesares da saturación que pode conlevar a época do selfi, segue despertando emocións. «O selfi permite aplicacións para transformar estes autorretratos en debuxos», suliña Georgina, que leva debuxando dende ben noviña, «cando xa de nena facía debuxos a man alzada de forma natural». Autodidacta e cun entorno familiar nada alleo á creatividade -Georgina é filla do fotógrafo monfortino Montero-, a xove artista retoma en «Escala de colores» a súa traxectoria expositiva, iniciada na súa cidade natal hai cinco anos.

«O ROSTRO SEMPRE PROVOCA EMOCIÓNS»

A mostra que agora se pode ver en Chantada sorprende pola súa delicadeza compositiva e o suxerente do trazo. «Aínda que as técnicas cambien, as expresións do rostro sempre están con nós, provocando emocións que superan o paso do tempo e das épocas», explica Georgina.

A exposición «Escala de colores» pode visitarse na Casa da Xuventude de Chantada de luns a venres, en horario de 15,00 a 21,00 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un taller de fotografía e unha xornada de micoloxía en Quiroga dentro do programa “Caída da Folla»

Seguinte Nova

Un 15% máis de aloxamentos de xullo a agosto na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss