Desenvolverase do 5 ao 9 de outubro
• Na semana do luns 5 ao venres 9 de outubro, desenvolverase en Quiroga un curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal. Esta actividade, organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, en colaboración co Concello de Quiroga, está centrado no manexo prático de motoserra e rozadoira.
DESTINADO A PERSOAL FORESTAL OCUPADO OU EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO
O curso vai destinado a persoas maiores de idade en situación de desemprego ou ocupadas na actividade forestal á que vai dirixida esta iniciativa, e que teñan residencia ou domicilio laboral, actual ou anterior, na zona de Quiroga.
Según explicaron dende o Concello, o curso ten como obxectivos formar aos traballadores do sector forestal no coñecemento da lei de prevención de riscos laborais, adquirindo destrezas para evitar danos durante o desenvolvemento do traballo, e acadando un manexo máis axeitado e seguro da maquinaria forestal.
22 HORAS LECTIVAS REPARTIDAS EN SESIÓNS TEÓRICAS E PRÁTICAS AO LONGO DUNHA SEMANA
O curso ten unha duración de 22 horas, repartidas en sesións teóricas e práticas, cun máximo de 5 horas por xornada. As clases teóricas desenvolveranse o luns e martes, e as sesións práticas ocuparán as xornadas do mércores, xoves e venres.
Os interesados en obter máis información, ou en inscribirse neste curso, poden facelo a través do enderezo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es fax 986 78 72 24.•