Sarria celebra de novo o día da bicicleta co lema «¡Todos en bici!»

Actividades todo o día, paseos en bici pola tarde e merenda para rematar esta xornada de deporte popular

Imaxe de arquivo da pasada edición do Día da Bicicleta de Sarria. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo da pasada edición do Día da Bicicleta de Sarria. Arquivo EC.

• O domingo 27 de setembro terá lugar en Sarria a celebración do Día da Bicicleta, unha ocasión para disfrutar en familia ou con amigos dunha xornada de deporte ao aire libre.

CIRCUÍTO INFANTIL POLA MAÑÁ

Esta iniciativa, organizada polo club DHGalicia coa colaboración do Concello de Sarria, ofrece unha serie de actividades ao longo de todo o día.

Pola mañá, habilitarase na zona do Chanto un circuíto infantil, que estará aberto dende as once ata a unha da tarde. Ademais, en xornada de mañá tamén se desenvolverán os adestramentos.

XIMCANA PARA MAIORES DE 4 ANOS

A primeira hora da tarde, celebrarase unha ximcana tamén na zona do Chanto, dende as tres ata as cinco da tarde. Sobre esa hora, comezarán os preparativos para a saída dos participantes do Día da Bicicleta.

PERCORRIDO DO DÍA DA BICICLETA

O paseo iniciarase ás cinco e media dende O Chanto, punto no que se situará tamén a meta do pelotón. O paseo sairá pola rúa Benigno Quiroga, e continuará á dereita por Calvo Sotelo ata a rotonda, volvendo pola mesma rúa ata a Estación do Ferrocarril. O grupo enfilará cara á meta por Matías López e Benigno Quiroga, ata chegar ao punto de saída no Chanto.

A organización establece como obrigatorio o uso do casco para todos os participantes, así como o uso do seguro dun día. A idade mínima para participar individualmente é de 16 anos, e para menores deberán presentar un documento de consentemento familiar. Para a ximcana, a idade mínima dos participantes será de 4 anos.

PREMIOS E MERENDA FINAL

O Día da Bicicleta premiará ao ciclista máis maior, ao máis cativo, familia numerosa e bici orixinal. Tamén haberá sorteo de diversos agasallos. A xornada rematará cunha merenda para os participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta colaborará cos ciclistas galegos para erradicar as trampas nos montes

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra sabe vender o reclamo da vendima

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: