Últimos días para visitar en Sarria a mostra fotográfica ”Memoria da Peregrinación”

Ata o 30 de setembro, o edificio da Antiga Prisión Comarcal de Sarria acolle a exposición titulada «Memoria da Peregrinación», promovida por Turismo de Galicia. Esta exposición audiovisual reúne as fotografías de Manuel Valcárcel e a música de Alexandro González, resultado da súa peregrinación a través de Hungría, Austria, a República Checa, Eslovenia, Italia, o norte de España e a Galicia xacobea. Ambos artistas recollen no seu traballo tanto a tradición cultural dos países que atravesan como a sensibilidade relixiosa que impregna os lugares e camiños polos que pasaron. Esta exposición puido verse en 2010 e 2011 en cidades europeas como Sofía, Bucarest, Zagreb ou Santiago de Compostela. En 2012 viaxou por Francia, Australia e Nova Zelanda, e en 2013 por Alemaña,República Checa e Singapur, e en varias cidades españolas.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata finais deste mes pode verse en Monforte a primeira exposición sobre o can de palleiro

Seguinte Nova

As Escolas Deportivas de Monforte comezan as actividades en outubro

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: