Un taller de fotografía e unha xornada de micoloxía en Quiroga dentro do programa “Caída da Folla»

Este programa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra desenvolverase os sábados e domingos da primeira quincena de outubro en varios puntos deste territorio

O programa “Caída da Folla” do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra busca ofrecer actividades lúdicas propias do outono, aproveitando a riqueza paisaxística da Ribeira Sacra nesta estación.  Arquivo EC
O programa “Caída da Folla” do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra busca ofrecer actividades lúdicas propias do outono, aproveitando a riqueza paisaxística da Ribeira Sacra nesta estación. Arquivo EC

• Quiroga vai acoller en outubro dúas das actividades integradas no programa «Caída da Folla», unha iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para sacarlle partido lúdico ao outono, a través de actividades na natureza, aproveitando a extraordinaria configuración de cores e paisaxes desta estación.

FOTOGRAFIAR O OUTONO, CON TALLER TEÓRICO E TRABALLO DE CAMPO

A primeira destas dúas propostas desenvolverase o sábado 10 de outubro. A actividade está planteada como unha xornada de fotografía, que baixo o título «Paisaxes de outono: a Montaña da Ribeira Sacra», inclúe un espazo de traballo teórico e unha sesión de campo. A xornada do sábado iniciarase ás once da mañá na Casa da Cultura de Quiroga, onde terá lugar un taller de fotografía de paisaxes, cunha duración dunha hora. A continuación, os participantes emprenderán unha ruta de sendeirismo, a homologada PR-G 184, que ten un itinerario de 9,5 quilómetros, e unha duración aproximada de catro horas. O grupo estará acompañado en todo momento por un experto en fotografías e varios monitores. A xornada rematará en Quiroga ás sete e media da tarde.

Unha actividade de similares características celebrarase o sábado 3 de outubro en Esgos, e estará adicada á fotografía dos bosques en outono. Tamén Pantón acollerá o sábado 17 unha tarde fotográfica en torno á ribeira do Miño, cun taller de 3 horas de duración no Edificio Sociocultural de Ferreira, e posibilidade de traballo de campo ao día seguinte.

SORTEO DUN PASEO EN ZODIAC PARA OS PARTICIPANTES NOS TALLERES

O prezo de cada unha destas xornadas fotográficas é de 5 euros por persoa. Os grupos rondarán entre as 15 e as 50 persoas, e haberá sorteos dun paseo en zodiac para 12 participantes.

XORNADA DE MICOLOXÍA EN QUIROGA O DÍA 12

Para a xornada do día 12, o programa «Caída da Folla» propón en Quiroga unha actividade de micoloxía. O programa comezará ás nove e media da mañá no Albergue de Quiroga, onde terá lugar un taller de clasificación de setas. A continuación, desenvolverase unha demostración de cociña con setas, a través de recetas variadas, que posteriormente serán degustadas polos participantes. A actividade rematará en torno ás seis da tarde.

Actividades similares en torno á micoloxía, dentro do programa «Caída da Folla», terán lugar o día 4 en A Pobra do Brollón e Parada de Sil, e o día 11 en Ribas de Sil e Castro Caldelas.

Os prezos das actividades micolóxicas van de 15 a 40 euros, dependendo da duración da xornada, e hai descontos para menores de 14 anos. Os grupos, que oscilarán entre 7 e 15 persoas, estarán acompañados dun guía experimentado e un formador profesional. Os participantes recibirán un kit de micoloxía, formado por navalla, guía micolóxica, caderno e bolígrafo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga acollerá un curso de prevención de riscos laborais no eido forestal

Seguinte Nova

Georgina Rodríguez Martínez e a emoción do rostro en “Escala de colores”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: