5.000 familias galegas optarán a axudas para reformar cociña e baño a partir de outubro

A Xunta destinará 3 millóns de euros ao programa Reforma 15, para incentivar a renovación de equipamentos de cociña e baño O obxectivo é axudas ás familias a acondicionar as súas vivendas e avanzar na eficiencia enerxética

• A Xunta de Galicia vai poñer en marcha dende outubro o programa Reforma 15, que concederá axudas a preto de 5.000 familias galegas para renovar os equipamentos da cociña e o baño.

TRIPLE OBXECTIVO

Este programa, dotado con 3 millóns de euros, busca axudar ás familias galegas a reformar as súas vivendas e volvelas tamén máis sostibles enerxeticamente, ao impulsar equipamentos máis eficientes. Asimesmo, o programa Reforma 15 vai contribuír a estimular a actividade económica nos sectores da construción, das reformas e da rehabilitación. De feito, este programa foi deseñado en colaboración co sector, representado pola Asociación de Empresarios de Materiais da Construcción de Galicia (Asemaco).

Según explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo do Consello no que se desbloqueou esta liñas de axuda, o programa Reforma 15 vai supoñer un investimento total de preto de 30 millóns de euros, dos que 14 serán directos, a través das adquisicións de materiais, e os outros 16 millóns indirectos, mediante a contratación de instaladores ou obras complementarias.

ENTRE 200 E 1.000 EUROS DE AXUDA POR PERSOA E DOMICILIO

Según precisou o mandatario autonómico na presentación do programa, as achegas do Reforma 15 supoñen un dobre desconto para os fogares. Por unha banda, o IGAPE financia ata o 20% da compra realizada polos particulares, aportando entre 200 e 1.000 euros por persoa e domicilio. Por outra banda, a entidade colaboradora e que se vai a encargar da reforma realiza outro desconto, equivalente ao que fai o IGAPE, polo que a rebaixa total para o particular ronda o 40%.

COMO SE XESTIONAN ESTAS AXUDAS

Feijóo tamén explicou como se tramitarán estas axudas. Os propios establecementos comerciais adheridos ao programa serán os que xestionarán telematicamente as solicitudes e as facturas que acrediten as compras. En poucos días, a Xunta fará o desembolso do 20% de dita compra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP monfortino propón fomentar o uso da bici como medio de transporte

Seguinte Nova

AFAMON CELEBROU EN MONFORTE O DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss