A Deputación financiará integramente o servizo de teleasistencia

A mediados de mes quedaron asinados os convenios entre o organismo provincial e os concellos Candia sinalou o aforro que supón esta medida para os concellos, e anunciou ampliacións neste servizo

A sinatura dos convenios entre Deputación e concellos tivo lugar na capital provincial o pasado 15 de setembro. GPDL.
A sinatura dos convenios entre Deputación e concellos tivo lugar na capital provincial o pasado 15 de setembro. GPDL.

• A financiación do servizo de teleasistencia nos concellos lucenses estará a cargo integramente da Deputación de Lugo, logo da sinatura dos correspondentes convenios entre o organismo provincial e os 66 municipios, celebrada en Lugo o pasado día 15. Según explicou a presidenta da Deputación, Elena Candia, este organismo destina unha achega total de 335.880 euros para financiar ao cen por cen os custes reais da atención asistida telemáticamente no domicilio do usuario. Con esta sinatura, o Goberno provincial formaliza o seu compromiso de asumir con fondos propios este servizo.

SERVIZO 24 HORAS OS 365 DÍAS DO ANO PARA PRETO DE 1.000 MAIORES LUCENSES

Neste sentido, Candia suliñou que o benestar e a asistencia aos lucenses «son o buque insignia deste novo Goberno». «Esta é unha clara aposta que facemos porque o noso desexo é que os nosos maiores poidan vivir con todas as garantías, o maior tempo posible e nas mellores condicións nos seus propios fogares», precisou a mandataria provincial. O servizo de teleasistencia ofrece a preto de 1.000 persoas maiores da nosa provincia a posibilidade de estar atendido a distancia, a través dun dispositivo, as 24 horas do día durante todo o ano. Os usuarios son contactados en varios momentos do día para facer seguemento dos seus hábitos e estado xeral. Diante dunha emerxencia detectada polo dispositivo ou comunicada polo usuario, habilítase un protocolo para que un profesional acuda ao domicilio da persoa e resolva a incidencia.

AFORRO PARA OS CONCELLOS

Según sinalou Candia logo da sinatura dos convenios, esta medida vai supoñer un aforro para os concellos, que ata o de agora viñan aportando o 50% do custe do servizo de teleasistencia. O convenio amosa, según a mandataria provincial, que «este Goberno está plenamente implicado na colaboración e cooperación con municipios».

AMPLIACIÓN DESTA COBERTURA

En relación a este servizo, a deputada de Benestar, Mari Teijeiro, sinalou a «prioridade de darlle contido a este servizo», coa ampliación da súa cobertura. Teijeiro criticou que dende 2007 a Deputación non tramitaba novas altas en teleasistencia. A intención deste Goberno é cambiar a tendencia, para o que «é precisa unha labor de coordinación coa Xunta, xa que é esta a administración que está a facer agora esta cobertura».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG pide que se cubran as vacantes no Centro de Saúde de Monforte

Seguinte Nova

Candia garantiu a continuidade das obras e prazos das residencias proxectadas pola Deputación

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss