A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte (AFAMON) celebrou o Día Mundial desta enfermidade cunha serie de actos. Baixo o lema «No Alzheimer, ti es unha peza importante», a asociación monfortina instalou unha mesa informativa o sábado 19 de setembro na zona peonil da rúa Cardeal, ofrecendo de balde material informativo sobre esta enfermidade e as actividades desta asociación, ademais de ter á venda participación da lotería de Nadal. Tamén, o martes 22 desenvolveron no Pazo de Tor a actividade «Album da memoria», dirixida aos beneficiarios do Programa de estimulación cognitiva e psicomotriz de Afamon.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco