Aprobada unha modificación do PXOM de Sarria para regularizar a área industrial de Betote

• A comezos deste mes, a Xunta notificou ao Concello de Sarria a aprobación definitiva da modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipais para a regularización e ampliación do asentamento industrial de Betote.

ÁREA XURDIDA NOS 90 SOBRE SOLO RÚSTICO

A área en cuestión ocupa un total de 7,42 hectáreas situadas no lugar de Balmao, entre as parroquias de Betote e Vilar, a dous quilómetros e medio de Sarria. A zona conta con nove naves principais e diversos edificios menores, para actividades do sector terciario e industrial. Este asentamento xurdiu nos anos 90 en solo rústico, con autorizacións autonómicas para parte destas naves.

O visto bo da Xunta emitiuse unha vez que os técnicos autonómicos verificaron a nova documentación enviada polo concello a finais de maio, para subsanar as deficiencias detectadas polo departamento autonómico, referidas á avaliación ambiental, acreditación das edificacións rematadas antes de 2003, e o cómputo de prazas de aparcamento.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Critican que o PP se opoña a extender o Bacharelato Internacional a Lugo e Ourense

Seguinte Nova

O Parlamento galego aprobou unha iniciativa do PP para simplicar a tramitación das cortas de madeira

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss