Candia garantiu a continuidade das obras e prazos das residencias proxectadas pola Deputación

A presidenta da Deputación, Elena Candia, durante a súa visita ás obras de construcción do centro de atención a persoas maiores de Pol. GPDL.
A presidenta da Deputación, Elena Candia, durante a súa visita ás obras de construcción do centro de atención a persoas maiores de Pol. GPDL.

• A presidenta provincial anunciou que o seu Goberno vai continuar coas obras e os prazos previstos na construción das residencias de maiores da Deputación. «Por responsabilidade continuaremos coa súa tramitación, porque no caso contrario perderíase un importante investimento público».

CRÍTICA AO PROXECTO ELABORADO POLO ANTERIOR GOBERNO

Elena Candia distanciouse claramente do proceder do anterior Goberno na elaboración e execución da rede de centros de atención a persoas maiores. «Fomos moi críticos dende a oposición con esta rede de residencias, que naceron sen os estudos rigorosos previos», precisou Candia. A decisión de seguir adiante con estas infraestruturas débese, según suliñou a mandataria provincial, «por unha decisión froito da sensatez e da seriedade». Candia explicou que «nestes momentos difíciles a nivel económico, non podemos paralizar esta planificación».

COMPROMISO COS CONCELLOS

A titular provincial destacou que estas actuacións tamén supuxeron un desembolso para as arcas dos respectivos concellos, xa que cederon o solo para ubicar a residencia, e tiveron que aportar un investimento mínimo de 200.000 euros.

Elena Candia fixo estas declaracións durante a visita que realizou a comezos de setembro ás obras da residencia de Pol. A mandataria popular manifestou a súa intención de visitar cada unha das obras nos diferentes municipios, para coñecer de primeira man o avance dos traballos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación financiará integramente o servizo de teleasistencia

Seguinte Nova

A ANPA do colexio Infanta Elena pide a Severino Rodríguez que coordine as súas accións en demanda dun centro asistencial

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: